e na universidad, por que non rendimos contas?

dicir que na universidade non se rinden contas sería faltar a verdade. informes, reunións, avaliacións, controis de guías docentes, burocracias que mandan dende os corpos administrativos, etc. podería parecer que o único cometido é o de rendir contas (sobre o que e como facemos e ensinamos nas aulas), mais estámolas a rendir ao público indicado?

accountability meme

que é a rendición de contas?

no seu texto Two Concepts of Accountability: Accountability as a Virtue and as a Mechanism (2010), Mark Bovens explícanos como a rendición de contas pode ser entendida tanto como unha virtude, é dicir, como un concepto normativo onde hai uns estándares de comportamento que deben de seguir os actores políticos implicados; como tamén como un mecanismo, como unha relación social que obriga a explicar e a xustificar a conducta dun actor concreto. nesta última, o que se constrúe é unha relación entre o actor que ten que rendir contas e o foro rendidor.

a identificación dos subxectos que participan nesta relación de rendición é esencial para o desenvolvemento básico do control político e, xusto nesta identificación, é onde considero que como docentes universitarias, é dicir, como actores que temos que rendir contas, non estamos a indentificar correctamente o noso foro de rendición. a rendición está focalizada nos estamentos superiores ao noso, facendo que a nosa única preocupación sexa respodermos adecuadamente as demandas de rendición das nosas xefas. en ningún caso temos a necesidade de nos preguntar sobre a opinión do noso alumnado, tan só pasamos unhas enquisas de avaliación docente que se asemellan máis a unha enquisa de satisfacción do consumidor que a unha ferramenta de control político na búsqueda do feedback e da mellora docente. ao final, o obxectivo principal das enquisas actuáis é a reproducción da mentalidade privatizadora da universidade mediante o fomento de narrativas consumeristas do alumnado.

polo tanto, a nosa rendición de contas docente tambaléase entre unha burocracia estruturada para dar resposta a unha concepción vertical das universidades e unha necesidade de control da utilidade das facultades baixo o paraugas da eficiencia neoliberal. rendimos contas á verticalidade burocrática e ao consumerismo estudantil, deixando de lado por completo ao alumnado como axentes diversos e interesados na mellora dos seus propios estudos. consideramos as estudantes como simples consumidoras que están (in)satisfeitas cos nosos servizos, mais son elas o foro rendidor que desexa e ten o interese político de mellorar a (súa) ensinanza superior, así como de controlar a acción das súas servidoras públicas, é dicir, de nós, das docentes. o alumnado non é un grupo de clientas, é un grupo de cidadás que quere saber e controlar a acción pública e política.

que facer?

para que a relación de control e de rendición de contas funcione correctamente unha das primeiras necesidades básicas é que o foro reciba información veraz e en tempo do funcionamento ou dos resultados da política. a pregunta por tanto cae polo seu propio peso. na docencia, canto tempo dedicamos a presentarmos os resultados da nosa asignatura ou o seu funcionamento ao noso público de control, ao noso alumnado? cantas veces poñemos enriba da mesa os obxectivos das nosas actividades e decisións docentes e os seus resultados?

en segundo lugar, a posibilidade de debate é estritamente necesario, isto é, que o foro poda cuestionar as accións e resultados dos actores, mais tamén que os actores podan responderen a estas valoracións. abrir o debate entre alumnado e profesorado, discutir sobre as metodoloxías, escoitar o que as alumnas pensan e opinan sobre as actividades, mais tamén ter a capacidade de contestarmos, de facermos unha conversa, un debate entre estamentos. as enquisas de valoración docente nin dan o espazo para o cuestionamento estudantil nin para a defensa do profesorado. son ferramentas de rápida produción e consumo.

por último, o foro debe ter a posibilidade de xulgar as accións do actores tanto para sinalar as deficiencias e erros no funcionamento político como para identificar e recompensar os bós resultados. se dispomos dun espazo de discusión e debate entre o alumnado e o profesorado, é dicir, un lugar onde non só as estudantes teñen voz para a crítica senón que nós, as docentes, tamén podemos responder e explicarlles as nosas decisións, a configuración dun órgano estudantil de sanción e recompensa pode ser unha posibilidade máis que viable. isto, obviamente, debería de dispoñer de ferramentas de control e equilibrio para manter e garantir a voz do alumnado sen convertila na única válida.

accountable meme

en conclusión, débese mellorar as accións de rendición de contas mediante a elaboración de contidos e espazos onde alumnas e docentes poidan discutir sobre o funcionamento das súas clases. por un lado, isto volvería a situar ao estudantado no centro da decisión e do control político e, polo outro, permitiríalle as docentes explicar e responder ás dúbidas e cuestións que teñen as súas alumnas sobre a súa asignatura. a conversación sobre o funcionamento da universidade non pode seguir agochada.

podes contactarme e enviarme os teus comentarios por mastodon: @[email protected]